Morren tres mozos nun accidente de tráfico en Caldas de Reis
- O condutor do coche non tiña carné, non parou nun stop e fixo un xiro incorrecto
- Chocaron mortalmente contra un camión, que acabó envorcando
O accidente sucedeu a pasada noite en Caldas de Reis, na estrada nacional ata Pontevedra, cando o vehículo no que viaxaban os tres mozos xirou incorrectamente á dereita e chocou contra un camión.
“Ai hai que xirar á dereita obrigatoriamente, pero por razóns que se descoñecen xiraron á esquerda“
O alcalde de Caldas, Xosé Manuel Rey, fala da gravidade da manobra."Ai hai que xirar á dereita obrigatoriamente, pero por razóns que se descoñecen xiraron á esquerda. Ademáis, sendo de noite, suponse que verían as luces do camión, pero non foi así".
Era dous rapaces e unha rapaza, de 18, 19 e 24 anos. O condutor tiña 19 e conducía sen carné.
O camión envorcou
A causa do choque, o camión envorcou. O condutor puido sair polo seu propio pé pero o seu acompañente saíu despedido da cabina e está en estado moi grave no hospital. As probas de alcol e drogas ao condutor do camión deron negativas. Para excarcerar os tres falecidos acudiron os bombeiros do Salnés e protección civil de Caldas e de Cuntis.