Enlaces accesibilidad

Os menores de 50 anos, citados para recibiren a vacina

  • A partir do domingo, na área de Santiago e durante a próxima semana no resto
  • Máis do trinta por cento dos galegos xa ten a pauta completa

Por
Vacinación para os menores de 50

Hai 443 mil galegos entre 40 e 49 anos, a coñecida como xeración do baby boom. Unha década numerosa e un reto para a organización.

A partir deste domingo recibirán a vacina de Janssen, que é dunha soa dose, ou outra, segundo haxa dispoñibilidade.

E mentres apúrase para rematar coa primeira dose aos que faltan de 50.

Pauta completa

Máis da cuarta parte da poboación galega ten xa a pauta completa de inmunización.

Agora xa vou lista, xa imos todos contentos

"Agora xa vou lista", di satisfeita unha muller que acaba de vacinarse. "Está ún moito máis tranquilo", afirma un home que tamén o fixo.