Enlaces accesibilidad

Marín selecciona socorristas para vixiar as praias no verán

  • Comezarán a mediados de mes, de 12 a 8 do serán
  • Esta ano no hai as dificultades de 2020 para atopar aspirantes

Por
Selección de socorristas para as praias de Marín

O verán está á volta da esquina e os concellos apuran a contratación de socorristas. Se antes había dificultades para atopar aspirantes sémella que este ano non vai ser así. Polo menos en Marin, onde esta mañá asistimos ás probas físicas para selección do persoal que vixiará as praias neste segundo verán da etapa covid.

Sempre me gustou estar axudando á xente. De feito, estou opositando para Garda Civil

150 metros de carreira e á auga para nadar ata a boia outros 250 metros. A criba non é doada porque todos veñen moi preparados.Ruben aspira a socorrista por primeira vez. "Sempre me gustou estar axudando á xente. De feito, estou opositando para Garda Civil. Gústame".

Había anos que non se presentaban tantos aspirantes en Marin. Máis de 70 para, 21 prazas socorrista e 3 de patrón de embarcacións de salvamento. O xefe da policía local de Marín, Benigno Blanco, di que "tiran máis a ser contratados polos concellos que por unha empresa privada".

Non ao boca a boca, pola covid

A covid obriga reforzar as medidas de protección e por iso o boca a boca, só se é imprescindible. O curso custa 1.500 euros e hai persoas que non se presentan polo custe económico. Traballarán de 12 a oito do serán e comezarán a mediados deste mes de xuño.