Enlaces accesibilidad
Residencia da familia dende finais do século XIX

O expolio que borrou a presencia de Emilia Pardo Bazán do Castelo de Santa Cruz

  • Os sucesos ocorreron en plena democracia, cando o castelo pasou a mans do concello de Oleiros

Oleiros conmemora o centenario do pasamento da escritora con actividades neste edificio singular

Por
O expolio que borrou a Emilia Pardo Bazán do Castelo de Santa Cruz

O castelo de Santa Cruz é un deses lugares cun encanto especial. Está ubicado nunha pequena illa do concello de Oleiros, dende a que se divisa toda a baía da Coruña. Ten unha historia movida.

Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña

Castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña

De fortificación na baía a centro de investigación

Foi fortificación militar dende o século XVI. Dende finais do XIX converteuse en residencia da familia Pardo Bazán. Logo convertiríase en albergue para orfos da guerra no 1939, cando pasou a ser propiedade do exercito.

José Quiroga, marido de Emilia Pardo Bazán, mercou a illa de Santa Cruz polo que costaba unha parella de bois

Actualmente, logo de pasar a mans do concello de Oleiros, é a sede do Centro de Divulgación Ambiental de Galicia. Foi a familia da escritora a que construiu o pazo que hoxe en día segue dotando dun encanto singular a este lugar.

Un expolio patrimonial

Sen dúbida o momento máis polémico da historia do castelo viviuse durante o proceso de traspaso da súa titularidade por parte do exercito ó concello. Os responsables militares da Coruña non estaban dacordo coa operación, malia que o concello pagara a Defensa 89 millóns de pesetas pola propiedade.

Era unha cifra importante se se ten en conta que o inmoble que lles fora doado pola familia. E que os Pardo Bazán pagaron o equivalente a unha parella de bois por facerse coa illa. As discrepancias derivaron no destrozo, ou desaparición, de boa parte dos bens gardados no inmoble, segundo denuncia ó alcalde de Oleiros.

Visitas teatralizadas

Visitas teatralizadas ó castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña

Visitas teatralizadas ó castelo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña

Con motivo da conmemoración do centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán, o concello de Oleiros organiza toda unha serie de actos para divulgar a relación da escritora co municipio. Unha historia marcada por ese expolio do castelo, que provocou a desaparición dun bo número dos obxectos que formaban parte da vida cotia da intelectual coruñesa. Incluida unha vaixela na que cada peza representaba unha nota musical.