Enlaces accesibilidad

Forte chuvia, vento e sarabia provocan en minutos múltiples desperfectos e o caos circulatorio en Ourense

  • Máis dun cento de incidencias onte pola tarde pola treboada histórica que colapsou parte de cidade
  • Un golpe de vento abríu a cuberta da piscina municipal como se fose unha lata de sardiñas

Por
Treboada histórica en Ourense

Hai vídeos que se fixeron virais. A encargada da cafetaría di que "ía unha señora camiñando e tivo que agarrarse a unha baranda. Tivérona que meter nun coche".

Piscina municipal

Un golpe de vento de máis de setenta quilómetros por hora abría a cuberta da piscina municipal como se fose unha lata de sardiñas. Estará pechada ata que a reparen. Tamén permanece pechado o Parque da beira esquerda do Miño.

Foi unha loucura, nun par de horas caeu o diluvio universal

"Foi unha loucura. Nun par de horas caeu o diluvio universal, medio tornado, teitos levantados, ramas rotas...", di un traballador do mantemento dos xardíns.

A treboada tamén deixaba a imaxe insólita dunha parte da ponte romana transformada nunha piscina. Caeron 45 litros por metro cadrado.

Jonatan González, camareiro dunha cafetaría di que "en menos de 15 minutos empezou a caer todo, caeron cachotes, tellados arrincados... Un sustiño".

As caídas das árbores tamén causaron varios accidentes de tráfico. Nun deles quedaron feridas dúas persoas.