Enlaces accesibilidad

Os peregrinos volven percorrer os camiños de Santiago e poden parar nos albergues públicos, ao abrir a metade deles

  • Reabren hoxe 33 destes establecementos, despois de estaren pechados pola pandemia
  • Hai medidas especiais para que fagan o camiño en grupos burbulla

Por
Reabren os albergues públicos

A seguridade sanitaria está garantida nos albergues. "Durante a pandemia aprobáronse protocolos de seguridade, formouse o persoal e séguense limitacións de aforo e esixencias de limitación e limpeza", di Emilio de la Iglesia, xerente de Turismo de Galicia, diante do albergue público de Teo, preto de Santiago.

Grupos burbulla

Das 22 prazas que ten o albergue de Teo, reabren seis camas e dúas para persoas con discapacidade.

O resto poderíanse desprecintar, no caso de chegada de grupos burbulla de peregrinos.

Son grupos estables que fan o camiño xuntos e dormen xuntos todas as etapas. Nese caso poden ocupar toda a habitación.

Son grupos estables que fan o camiño xuntos e dormen xuntos todas as etapas. Nese caso poden ocupar toda a habitación

O aumento da chegada de peregrinos é perceptible en todos os camiños.

Na Oficina do Peregrino pasaron de entregar só unhas ducias de compostelas ao mes, durante o inverno, a mil trescentas, a pasada fin de semana.