Enlaces accesibilidad

Vacina para menores de 40 anos en xullo e adianto da segunda dose de Astrazeneca

  • Os maiores de 12 poderían estar vacinados antes do próximo curso
  • A Xunta dará a coñecer a semana que vén as medidas para a volta á normalidade

Por
Vacinación aos menores de 40 en xullo

A vacinación dos maiores de 12 anos, para antes do curso próximo, está pendente dun posible acordo sobre a retirada da máscara en exteriores. Formará parte do documento que elabora a comité clínico que asesora á Xunta na xestion da pandemia e que incluirá as medidas para recuperar a normalidade, agora que os datos da evolución son cada vez máis positivos, con 20 casos por cada cen mil habitantes a sete días e 41 a 14 días.

Unha evolución positiva na que tén moito que ver o proceso de vacinación. 483 mil galegos teñen xa a pauta completa e 950.000 recibiron unha dose.

Por outro lado, seguirá a repesca das persoas que non acodiron á primeira cita. A semana que vén tocaralle a unhas dez mil, de entre 50 e 60 anos.

Adianto da segunda dose para maiores de 60 anos

Para os de máis de 60, adíantase a segunda dose de AstraZeneca. Nos próximos días empezarán a ser citados, sen que se cumpra o prazo máximo de 12 semanas para esa inmunización completa.

Un grupo de corenta mil persoas van ser chamadas nos próximos días

"Vacinamos, en vez da semana doce, a semana once. Un grupo de corenta mil persoas van ser chamadas nos próximos días", sinalou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

Tamén se segue ampliando a franxa cara aos máis novos. A partir de xullo empezarán a ser citados os de menos de 40 e para finais de verán podería tocarlles aos adolescentes de entre 12 e 17 anos para os que acaba de establecerse a necesidade de vacinación.