Finalizan as obras de restauración da escalinata da catedral de Santiago, o enreixado e a cripta do Mestre Mateo
- Rematan así todos os traballos na fachada do Obradoiro, disposta para locir neste Xacobeo 2021-22
- José Luis Ábalos visitou hoxe a obras, financiadas polo Ministerio de Transportes
A escalinata renacentista que dá acceso á catedral polo Obradoiro foi construída a comezos do século dezasete, as reixas puxéronse no dezaoito.
O arquitecto da reforma, Javier Arauso, destaca que para a restauración das reixas se recuperaron técnicas de forxa tradicional.
Cripta románica
Tamén se excavou e limpou a cripta románica, mal chamada "catedral vella". Esta estrutura atribuída ao mestre Mateo nunca foi catedral, ideouse no século XII para salvar o desnivel do terreo e servir de sustento ao Pórtico da Gloria.
“Coa restauración deste espazo, complétase a dun conxunto único, unha das obras mestras da arte universal“
O arcebispo de Santiago resalta por iso que a cripta forma parte do Pórtico. "Coa restauración deste espazo, complétase a dun conxunto único, unha das obras mestras da arte universal".
Co remate destas obras, financiadas polo Ministerio de Transportes con un millón e medio de euros, conlúe a restauración da fachada do Obradoiro.