Ourense acada o número 300.000 de vacinas administradas
- Elixiron unha persoa ao chou e tocoulle a unha venezolana que vive na capital, recibiu Pfizer
- En 2020, ano da pandemia, faleceron na provincia 5.105 persoas, cifra que non se superaba dende hai setenta anos
Os equipos de vacinación da provincia de Ourense están de festa porque esta mañá administraron a dose número 300.000. É unha cifra semellante á do número de habitantes que ten a provincia. Máis dun 42 por cento xa recibiron a pauta completa e outro 18 a primeira dose
Para simbolizar a importancia de acadar esta cifra escolleron ao chou unha persoa e nomeárona vacinada 300.000.
“Estoy superagradecida, animo a todos a recibir la vacuna“
Tocoulle a unha venezolana de 45 anos que leva once vivindo en Ourense e que traballa nunha clínica de estética. Vacinárona con Pfizer. Esperanza Figueroa dixo que estaba "superagradecida" e anima a todos a recibir a vacina.
Repunta de casos na cidade
A celebración da vacina 300.000 condice coincide cunha repunta de casos activos na capital. Agora hai 101 persoas contaxiadas, cinco máis que cando rematou o estado de alarma, o 8 de maio, e unha menos que o 28 de febreiro, a última vez que se superaran o cento de casos.
En 2020, ano da pandemia, faleceron na provincia de Ourense 5.105 persoas. Non se superaba esa cifra dende hai setenta anos