Destrozos na exposición de Santiago sobre refuxiados que morreron tentando chegar a Europa
- Varios paneis da mostra apareceron escachados en dúas noites da fin de semana
- Concello compostelán e organizacións humanitarias falan de acto vandálico inspirado por grupos de extrema dereita
Dos trece paneis colocados na Alameda de Santiago para lembrar aos migrantes mortos cando trataban de acceder a Europa dende o sur, só quedan oito e tres deles presentan danos.
Os ataques repetíronse dúas noites seguidas
Os catro primeiros foron atacados na noite do venres e os outros tres, na seguinte, cando se retirou a vixilancia policial.
"Estivo a policía ata as 5 da mañá pero, en canto se retiraron, apareceron outros tres paneis totalmente destrozados", sinala Mila Castro, concelleira de Políticas Sociais
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou hoxe unha declaración que será levada ao próximo pleno en defensa dos migrantes e de rexeitamento á xenofobia e o racismo.
Odio ou vandalismo?
Concello e organizacións humanitarias din que detrás do ataque está o discurso de determinados grupos que propagan estas ideoloxías.
Para a concelleira de Políticas Sociais, é o discurso da extrema dereita. "É un acto vandálico, pero non casual. É provocado polos discursos dos grupos de extrema dereita que ataca a este colectivo vulnerable. "
“É un acto vandálico, pero non casual, provocado polo discurso da extrema dereita que ataca a este colectivo vulnerable. “
A exposición recolle a lista de 40.555 mortes documentadas de persoas que pereceron tratando de atravesar o Mediterráneo ou o Atlántico ou de cruzar outras fronteiras, camiño de países europeos, segundo datos recollidos pola organización das Nacións Unidas, UNITED.
Miguel Fernández, da Rede Galega de Apoio ao Migrante, dí que é preciso "pPoñerlle nome a eses números, que saibamos que detrás deses números hai unha persoa coma ti e coma min", apunta ao xornalista.
“Que saibamos que detrás deses números hai unha persoa coma ti e coma min“
Varios dos paneis tiveron que ser retirados para reparalos, antes da inauguraciòn da mostra este vindeiro xoves.