Enlaces accesibilidad

O cárcere de Teixeiro estrea o módulo mixto Nelson Mandela para favorecer o acceso das internas á reinserción

Dedicado á preparación para a vida en liberdade, conviven nel 41 presos e 12 presas

Comparten as zonas comúns, comedor e talleres e só están separados en plantas diferentes despois de pechar as celdas

Por
Módulo mixto no cárcere de Teixeiro

Todo os integrantes deste módulo non teñen expedientes desciplinarios, teñen preto a liberdade e piden ir a el de xeito voluntario.

O primeiro propósito é non volver pisar un cárcere, nin este nin ningún outro

Mónica, unhas das usuarios da unidade, di que "o primeiro propósito é non volver a pisar un cárcere, nin este nin ningún outro. O gran traballo é que non volvamos a estes sitios".

Carmen cree que ten a experiencia do módulo mixto a vai axudar, porque "xa cambiei a miña forma de pensar, hai que seguir loitando para seguir avanzando".

Aprenden a xestionar as emocións, con habilidades de comunicación e resolven conflitos de formas alternativas ao que coñecían

A responsable do programa, Nadia Arias, resalta que "aprenden a xestionar as emocións, con habilidades de comunicación, asertividade, resolven conflitos de formas alternativas ao que coñecían".

Organización

Ademáis da convivencia no mesmo espazo, a clave está na ocupación plena do tempo, a organización do día a día e que os presos asuman responsabilidades.

Institucions Penitenciarias recoñece a maculinización das prisións, polo que pretenden acadar a igualdade entre os reclusos e a integración social. "O papel e itinerarios das mulleres en prisión está máis dificultado có dos homes", admite Miguel Ángel Vicente, director xeral de execución penal.

Este módulo de preparación para a vida en liberdade do cárcere de Teixeiro foi aberto en 2008 e del beneficiaronse 1.500 internos, todos homes.