Enlaces accesibilidad
Cultura

Os tesouros da catedral de Santiago volven ser accesibles pola mellora da situación sanitaria

  • Volven ser accesibles as obras do Mestre Mateo, a cripta restaurada e as visitas ás cubertas do templo
  • As colas para conseguir entrada confirman a paulatina recuperación do turismo

Por
Reabre o Museo da catedral compostelá, pechado pola pandemia

Esta mañá había colas para conseguir entradas para visitar os tesouros do templo. As que permiten visitar o Pórtido da Gloria están esgotadas para dous días.Eran as dez desta mañá, cando o Museo da Catedral de Santiago abría as portas xa había colas para entrar. Levaba sete meses pechado por mor da pandemia e o interese polos tesouros que alberga fai que algúns veñan dende lonxe para visitalo.

Uns veñen de Ucrania: "Nos accabamos de enterar de que hoy se puede visitar". Outro de máis preto: "Nos quedamos un día adicional en la ciudad, para poder verlo".

Nos quedamos un día adicional en la ciudad, para poder verlo

Coa reapertura do museo volven ser accesibles ao público salas dedicadas á escultura da escola do Mestre Mateo, o tesouro, o claustro, ou as dos tapices. "No sabía que había estos de Goya aquí", di sorprendida unha visitante.

Cubertas da catedral

Retómanse tamen hoxe as visitas ás cubertas da Catedral, despois da restauración. O director do museo da Catedral, Ramón Yzquierdo, resalta que " permite ver detalles desa cuberta que antes non se apreciaban e tamén a cripta do Pórtico".

A restauración da cripta permite unha visión máis completa do Pórtico, que segue sendo a estrela da oferta artística da Catedral.

Mesmo hai quen tén que marchar sen poder velo. As visitas ao Pórtico que, igual que as do Museo, se poden conseguir por internet, están xa esgotadas para os próximos días.