A comisaría de Ourense comeza a expedir o novo DNI, máis seguro e de deseño similar para toda Europa
Entra en vigor o 2 de agosto e será común en todos os países da Unión Europea
Convivirá co antigo ata agosto de 2031 e poderemos deixalo na casa se o levamos descargado no móbil
A comisaría de policía de Ourense comezaba a expedir hoxe o novo DNI que se vai usar en todos os países da Unión Europea.
Leva as siglas de cada estado e os títulos en español e inglés. Ademáis é máis seguro, segundo recalca o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones.
"Inclúe máis seguridade para que a falsificación sexa moito máis complicada".
Inclúe máis seguridade para que a falsificación sexa moito máis complicada
O DNI 4.0 entrará en vigor o 2 de agosto e convivirá co antigo ata agosto de 2031. Nun futuro próximo poderemos deixalo na casa porque poderá levarse no móbil grazas á aplicación que está a desenvolver o Goberno.
Despois da de Ourense, tamén comenzarán a expedir os novos DNI o resto das comisarías de Galicia.
Unidades móbiles da Policía para o rural
A veciñanza do rural que non queira trasladarse ás capitais de provincia para renovar o DNI ou para expedilo por primeira vez poderán facelo a través dalgunha das catro unidades móbiles da Policía. Para que se despracen a esas localidades do rural teñen que solicitárllelo aos concellos.