Enlaces accesibilidad

Os festivais de música e cine comprométense a eliminar plásticos e a dobrar o uso das enerxías renovables

  • Os 27 certames pretenden a longo prazo medidas de igualdade de xénero e apoio a proxectos locais
  • Nesta iniciativa internacional, Pacto da Cultura Sustentable, están o Festival de Cans, o da Luz, Cineuropa e o Marisquiño

Por
27 festivais subscriben o Pacto de Cultura Sustentable

Ata 27 dos principais eventos culturais que se celebran en Galicia suscribiron hoxe o Pacto de Cultura Sustentable. Unha iniciativa internacional para que disfrutar dos espectáculos sexa máis compatible co respecto ao medio ambiente.

É un obxectivo común para tratar de cambiar o mundo

"É un obxectivo común para tratar de cambiar o mundo, e para iso é necesario unha transformación. E nela é fundamental a cultura", sostén a consultora María Baqueiro.

Cooperación entre festivais

Un dos puntos clave do pacto é a cooperación entre festivais. Xa se sumaron ao proxecto os eventos máis importantes de cine, música e de cultura urbana. Entre eles, están o Festival da Luz, o de Cans e o Marisquiño.

"Os festivais somos un espazo provilexiado para o cambio social, porque temos moitos seguidores, coñécenos moita xente", indica Xoán Quintáns, da Federación de Festivais de Galicia.