Enlaces accesibilidad

O aumento dos contaxios dispara a demanda dos test covid

Por
Test de antíxenos sen receita médica

O sistema é semellante a un test de embarazo, ou dos que miden a glicosa. Unha ferramenta rápida e sinxela para detectar a covid, que a partir do día 21 poderemos mercar na farmacia xa sen receita.

O prezo dun único test é duns dez euros. Pero tamén se venden por caixas de cinco.

Veñen cunha barra pequena que metes no nariz. “Non é necesario introducila ata o fondo de todo, na fosa nasal chega”, indica a farmacéutica Lourdes Mariño.

“Despois mestúralo co líquido reactivo, esperas uns segundos e daría unha raia, que é negativo, ou dúas, que é positivo”, engade Mariño.

Probas de saliva

Tamén está disparada a demanda dos test de saliva, que se recollen e se entregan nas farmacias. “Me lo traes mañana a primera hora de la mañana, y después ya te damos el resultado”, coméntalle un farmacéutico á clienta.

Nas farmacias de Pontevedra aumentaron este tipo de test, que se mandan a analizar e nun día comunican o resultado, en máis dun 173 por cento nos doce primeiros días de xullo, con 228 positivos detectados.

Luis Amaro, o farmacéutico, salienta a preocupación polo aumento dos contaxios: “É un pouco efecto dominó. A xente empeza a estenderse, porque un sempre ten a alguén que estivo a fin de semana nunha celebración ou o que sexa, e ao final a preocupación chega hasta arriba, ao seo familiar”.

Máis para o lecer nocturno

Lourdes Mariño asegura que as probas aumentan nas zonas turísticas: “Hay zonas como Marín, Poio o Sanxenxo, las que tienen más ocio nocturno, que incluso se van a poder hacer hasta cuatro test de saliva”.

A proba de saliva é un tipo de test PCR tan fiable, lembran os farmacéuticos, como a proba nasofarínxea.

Moita actividade nas farmacias, que, ademais, dende este luns facilitan xa o certificado de vacinación da covid ás persoas menos familiarizadas cos medios dixitais ou que, simplemente, prefiren o formato en papel.