Ana Peleteiro, bronce en Tokyo e filla predilecta de Ribeira
- O concello vaina propoñer para a máis alta distinción e que sexa imaxe da cidade
- Tras saltar 14,87 cm as súas primeiras palabras foron para a Barbanza
- Especial Juegos Olímpicos de Tokyo 2020 en RTVE.es | Sigue en directo los Juegos Olímpicos de Tokyo 2020 en RTVE Play
Ribeira erguíase hoxe co orgullo de ter unha medalla olímpica dunha das súas veciñas máis ilustres. “É un orgullo para nós, para Ribeira e para Galicia”, era a expresión habitual ao preguntar pola xesta de Ana.
“É un orgullo para nós, para Ribeira e para Galicia“
Ana sabía que contaba co impulso de todo o Barbanza para pegar ese brinco de 14 metros e 87 centímetros, pulverizando así o récord de España.
Unha fazaña que a converte tamén na primeira galega cunha medalla olímpica en atletismo.
Ganas de chegar a Ribeira
Para Ribeira eran as primeiras palabras de Ana tras gañar o bronce. “Primera medalla para Ribeira, ¡Es brutal¡ ¡Tengo unas ganas de llegar!"
“Primera medalla para Ribeira, ¡Es brutal¡ ¡Tengo unas ganas de llegar!“
A campioa de Castiñeiras será proposta polo concello para ser filla predilecta e servir de imaxe turística. “Xa falaramos con ela, que podía ser a nosa imaxe. Ese terceiro salto de Ana na praia do Vilar sería un salto impresionante¡”, di o alcalde, Manuel Rivas.
“Ese terceiro salto de Ana na praia do Vilar sería un salto impresionante¡“
Despois da resaca da medalla de Ana outro ribeirán parte para Toquio, o paralímpico Álex Vidal, que competirá en taekwondo.