Aldán agarda pola chegada da medallista Teresa Portela, para celebrar que conseguíu o metal despois de seis Olimpiadas
- Chegou segunda a 19 milésimas da dinamarquesa Jørgensen
- Especial Juegos Olímpicos de Tokyo 2020 en RTVE.es | Sigue en directo los Juegos Olímpicos de Tokyo 2020 en RTVE Play
Foron 38 segundos de camiño cara a prata. Moi pouco tempo logo de estar esperando por este recoñecemento anos. “Son moi feliz porque insistín e resistín”, dice Portela desde Toquio.
Premio á constancia
É, polo tanto, un premio á constancia dunha deportista que acada a súa primeira medalla con 39 anos tras participar en 6 Olimpiadas.
O seu palmarés está formado por 32 medallas nos campionatos mundiais e europeos de piragüísmo.
Desde Xapón a subcampioa acórdase da familia e en especial da súa filla, á que chama todos os días. “Que teñas sorte e que gañes”, díxolle a pequena Naira. E neso foi no que Teresa pensou no momento da saída.
“Ela o único que quere é que non a xubile o DNI“
“Ela o único que quere é que non a xubile o DNI”, di o seu pai, Antonio Portela, engade que ela deixará o piragüísmo cando perda a motivación, non pola idade.
Algo no que tamén coincide Alfonso Dacosta, o fundador do Clube Mar Ría de Aldán, que ve a Teresa forte, sobre todo despois deste éxito. Preve que poidar estar nos próximos Xogos de París en 2024.
Aldán, terra de olímpicos
Da única das Rías Baixas orientada ao norte, ademáis de Teresa, sairon grandes deportistas como Sonia Molanes, David Cal, Carlos Pérez e Rodrigo Germade. Todos participaron en Olimpiadas. Hoxe segue habendo canteira. Abel Dacosta, piragüista, di que “con estes referentes todos queren dar o máximo para chegar a onde chegaron eles”.
Non é de estrañar que Aldán seguirá estando moi presente nos próximos Xogos.