Enlaces accesibilidad
PATRIMONIO

A retirada do cal descubriu pinturas murais do século XV nunha igrexa da Ribeira Sacra

  • Pola diferenza de calidade entre elas, crese que as pintaron artistas diferentes

Detrás dos retablos tamén saíron á luz catro aneis episcopais milenarios que se daban por desaparecidos

Por
Murais de hai cinco séculos na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil

A restauradora usa unha mestura de auga e alcol para abrandar os restos de cal que aínda cobren as pinturas murais descubertas no templo. Así é menos custoso retiralos.

Para eliminar as capas máis finas válese dun bisturí e despois repasa esas mesmas zonas cun lapiseiro. Para quitar as más grosas precisa un cincel e un martelo.

Traballo lento

Vania López explica que “é una superficie irregular. O traballo é moi lento e haino que facer con moito coidado para non estragar nada ao quitar esas capas”. Logo de case tres meses de traballo, o desencalado deixou ao descuberto a antiga decoración das paredes laterais do presbiterio da igrexa de Santo Estevo, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín.

Son tres escenas dos martirios de Santo Estevo e Santa Catarina, unha da adoración dos Reis Magos e outras dúas aínda sen identificar.Nunha segunda fase da restauración, Vania López cubrirá cun morteiro de cal os ocos e as partes nas que se perdeu a pintura orixinal. “Sobre esas partes píntase e recupérase a cor nas zonas nas que teñamos información”, indica a restauradora. “Facémolo sempre onde se diferencia o noso traballo do orixinal. Se nos acercamos vemos esa diferenza e a unha certa distancia temos unha lectura completa da obra”.

Data e autoría

Unha vez restauradas, os historiadores de arte terán que datalas e intentar identificar aos autores. Crese que son dous porque as do lateral dereito son de máis calidade. As máis baixas estaban ocultas tralos cadeirados do coro. As que estaban tapadas polos retablos relicarios conserváronse mellor. A súa desmontaxe para restauralos deixounas ao descuberto e propiciou o achado de catro aneis episcopais milenarios que se daban por desaparecidos.