O bronce de Enrique Míguez en L.A.84 deulle pulo ao piragüismo galego para acadar os éxitos actuais
- Participou en 8 Campionatos do Mundo e 3 Olimpiadas
- Empezou con 12 anos e agora adestra as promesas do futuro
Só unha centésima
Aquel 10 de agosto de 1984, a canoa de Enrique Míguez e Narciso Suárez, na categoría C2 500, chegaba á meta entre confusión. A televisión situounos no cuarto posto e houbo que usar a foto finish para coñecer a posición exacta. Ao final, só por unha centésima, foron terceiros por diante dos franceses e recibiron a medalla de bronce.
“Estás nunha nube, a emoción, o nerviosismo, o cansazo... “
37 anos despois, Enrique Míguez tenta lembrar como se encontraba no podio. “É un momento difícil de expresar, a emoción, o nerviosismo, o cansanzo, estás nunha nube”, contanos o tudense, mentres a súa cara segue despregando emoción.
Un antes e un despois
Lembra que naquel momento eran poucos os “canoistas” en Galicia e que anos despois do bronce acadado por el en Los Ángeles os galegos comezaron a dominar todas as categorías a nivel nacional.
““O caso máis laureado é o de David Cal, o monstro das medallas”“
“O caso máis laureado é o de David Cal, o monstruo das medallas”. O bronce de Míguez serviu para que, di, “os que viñeron detrás melloraran os resultados”.
Varias Olimpíadas
Ademáis de en Los Ángeles 84, o tudense partipou nos Xogos de Seúl 88, en Barcelona 92 foi semifinalista.
No seu currículo deportivo está tamén a participación en 8 Campionatos do Mundo. Nos Xogos do Mediterráneo de Atenas conseguiu a medalla de prata en C2 500 e nos de París o ouro en C1 1000.
Comezou cando era un neno, con 12 anos, grazas a un directivo do clube de piragüismo de Tui a onde acudían algúns dos seus amigos.
Agora, camiño dos 40 anos de exercicio, segue a coller a pa e ofrecer a súa experiencia ás promesas do futuro.