A ferrolá Melissa López viu o seu éxito despegar en redes sociais grazas aos seus videos de baile publicados en Tik Tok
- Influencer, a profesión que revoluciona as redes, sometida a unha posible regularización
- Un vídeo dela viralizou e decidiu meterse nunha axencia porque viu que podía gañar cartos co que xa facía por lecer
Un influencer é unha persoa que ten un número elevado de seguidores en redes sociais, é capaz de xerar moitas visualizacións e, polo tanto, as marcas interésanse por elas para realizar publicidade dos seus productos.
Plataformas
Melissa López, bailarina na orquestra París de Noia, viu o seu éxito despegar en redes sociais grazas aos seus videos de baile publicados en Tik Tok.
“Un video meu viralizou moitísimo e metinme nunha axencia para gañar diñero“
“Son bailarina dende sempre, un video meu viralizou moitísimo e empezou a seguirme a xente. Penseino moito, porque non tiña nin idea, pero decidín meterme nunha axencia porque vin que se lle podía sacar diñeiro a algo que facía xa diariamente por ocio”, comenta.
Estes creadores son seguidos a través de plataformas como Instagram, Youtube e Tik Tok por millóns de persoas e empresas de todo tipo páganlles por promoción.
Reforma legal
“Poderían ser sancionados por multitude de feitos, incluíndo todo o relacionado con publicidade ilícita. Hoxe non existe unha norma que permita sancionar directamente aos influencers polo contido que publican”, así o afirma o avogado Leandro Núñez, especializado en Internet.
“Hoxe non existe unha norma que permita sancionar directamente aos influencers polo contido que publican“
Precisamente isto é o que quere cambiar a Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia co seu novo informe sobre o anteproxecto da Lei Audiovisual, onde pide ao Goberno que estableza reglas claras para controlar a actividade destes profesionais.
Xa deben Identificar claramente o que é publicidade pagada do que non é.
No que a protección respecta, algúns influencers reclaman que se lles protexa dos usuarios que – a través da pantalla e en moitas ocasións ocultos baixo o anonimato- lles propinan insultos e mesmo ameazas. “Deberíamos estar protexidos porque estamos expostos a moitísima xente, algunha delas baixo o anonimato, que todos os días están facendo comentarios malos que acaba por afectar a túa saúde mental”, afirma Melissa.