Enlaces accesibilidad
LITERATURA

Cela gabábase da súa infancia dourada coma un neno de aldea en Iria Flavia

  • O Premio Nobel das Letras en 1989 viaxaba a Galicia sempre que podía
  • A Costa da Morte protagoniza Madera de Boj (1999), a súa última novela

Por
Camilo José Cela e Galicia

“Eu veño sempre que podo. Hai pouco estiven no domingo de Pascuílla en Padrón. Os padroneses da diáspora reunímos alí... a comer coma leóns,” dicía Cela (Iria Flavia- Padrón, 1916 - Madrid, 2002) nunha das moitas entrevistas que lle fixo durante os anos 70 o xornalista Perfecto Conde.

A Costa da Morte, protagonista de Madera de Boj (1999)

Perfecto Conde frecuentou a Cela sobre todo durante os veráns que o escritor padronés pasou nunha casa en Fisterra, cedida polo concello coa esperanza de que a Costa da Morte acabara sendo protagonista nalgunha das súas novelas. Algo que acabou sucedendo na súa derradeira obra: Madera de Boj, publicada en 1999.

Era un grande das letras xa dende o seu debut en 1942 coa publicación de La familia de Pascual Duarte. Acabaría sendo unha das máis traducidas despois de “El Quijote”.

Un motivo de orgullo é ler A familia de Pascual Duarte traducida por Vicente Risco

"Un motivo de orgullo é ler A familia de Pascual Duarte traducida por Vicente Risco e olvidar que foi traducida por Vicente Risco. Eu non fun… xa sería bo que fora eu, pero eu non fun".

Infancia dourada en Galicia

Camilo José Cela naceu en Iria Flavia, en Padrón, o 11 de maio de 1916. Tamén viviu parte da súa infancia en Vigo e antes de facer dez anos trasladouse coa familia a Madrid.

Pasábao moi ben e, como todos os rapaces da aldea, era unha mezcla de sentimental e mala besta

Tiven unha infancia dourada. Pasábao moi ben e, como todos os rapaces da aldea, era unha mezcla de sentimental e mala besta”.

Un rapaz de aldea que se sentía profundamente galego, aínda que recoñecía que a súa ferramenta literaria foi sempre o castelán.

“Non se pode dubidar que Valle Inclán ou Rosalía foron galegos e a súa ferramenta literaria, coma a miña, era o castelán".

Conversas co Nobel galego que forman parte do valioso arquivo histórico de Televisión Española en Galicia.