Enlaces accesibilidad
DIVERSIÓN

Labirintos feitos en leiras de millo para gozar ao aire libre e en familia

Populares en Inglaterra e os Estados Unidos, estas iniciativas en Mesía e Teo xunguen o turismo e o sector agrario

Desaparecerán coa sega, no outono, para darlle o millo de alimento aos animais

Por
Labirintos no millo

O labirinto da Casa Grande de Xanceda ten escondido un segredo que hai que descifrar. Para chegar a el hai que escoller camiños ou perderse e ir por pasadizos estreitos para atallar.

Atopar o segredo

Despois de un km e media hora camiñando, no centro pode que atopemos o segredo: Covid, pérdete¡

Dás voltas, desnórtaste totalmente, pero é moi divertido

"Dás voltas, desnórtaste totalmente, pero é moi divertido", di unha nai. O seu cativo di que está canso.

Para deseñar o labirinto, a granxa usou por primeira vez agricultura de precisión, para converter unha leira de millo de unha hectarea nun divertido labirinto.

O tractor vai seguindo o deseño coas ordes dadas para sementar, nun lugar si e noutro non

"O tractor vai guiado, seguindo o deseño coas ordes dadas para sementar, nun lugar si e noutro non. Así vai saíndo o debuxo", di Jessica Rey, responsable de comunicación da granxa.

En Teo

En Teo está o outro labirinto de millo, mirando ao Pico Sacro.

"Case non atopo a saída", sorpréndese un cativo.

Deste tipo de labirintos pódese gozar de xullo a finais de setembro, cando se sega o millo como forraxe para o gando.