Enlaces accesibilidad
CORONAVIRUS

Comeza a vacinación dos que teñen 12 e 13 anos, para que reciban as dúas doses antes do inicio do curso

  • A Xunta adiantou unha semana a inmunización deste grupo para aumentar a seguridade nas aulas
  • O mércores comezará a quenda dos de entre 14 e 16 anos, aos que lle van poñer a vacina de Pfizer

Por
Comeza a vacinación dos máis novos

Colas nos accesos ao recinto feiral de Vigo, igual que nos outros centros de vacinación masiva de Galicia. Arranca a campaña de vacinación dos máis novos, dos que xa cumpriron os doce anos. É a idade á que está recomendado empezar a administrar as vacinas.

Estou desexando a segunda dose e así xa quitarme a máscara na clase de Educación Física

Algunha moza vén moi nerviosa. Outra recoñece que a vacina non é aínda a solución definitiva: “Vamos a ter que seguir coa distancia de seguridade e a máscara, pero algo máis relaxado”. E tamén hai que espera poder esquecer pronto a máscara: “Estou desexando a segunda dose e así xa quitarme a máscara na clase de Educación Física”.

Rapaces e rapazas de 12 e 13 anos reciben a primeira dose de Moderna. A Xunta decidiu adianta o proceso unha semana para que no inicio do curso aumente a protección fronte á covid nas aulas de educación secundaria.

Tranquilidade para os pais

Unha tranquilidade tamén para os pais. “Canta máis xente, –indica unha nai– máis rango de poboación esteamos vacinados, moito mellor para todos”. “Estabamos en Tenerife –conta outra–, pero cadrou súper ben. Volviamos o sábado da viaxe, e hoxe a primeira hora xa tiñamos que vir a poñer a vacina”

Algunhas familias colleunas de vacacións. Pode ser unha das razóns da ausencia de parte dos citados.

Daniel Domínguez, coordinador de vacinación na área de vigo explica que “na quenda da mañá andaremos sobre un 75 por cento de asistencia, pero aínda queda moita xornada e esperemos que aumente”.

Un 20 por cento non leva o consentimento asinado

No instituto feiral de Vigo están citados hoxe para vacinación 9.000 mozos e mozas. Un vinte por cento non trae o consentimento asinado polos pais, por iso teñen que facelo alí mesmo. Non serve traelo no teléfono móbil. Aquí ten que quedar unha copia coa sinatura dos pais.

Os organizadores pídenlle aos pais que respecten o día e a hora da cita.