Enlaces accesibilidad
TURISMO

O turismo volve a Galicia con forza e o sector agarda unha reactivación aínda maior en agosto e setembro

  • A falta de estranxeiros, os nacionais desprazáronse ata aquía buscando zonas sen masificar e fuxindo das ondas de calor
  • O sector agarda unha reactivación aínda maior en agosto e setembro

Por
O turismo, como en 2019 e con máis visitantes nacionais

O mes de xullo foi o terceiro mellor da historia en turismo interior. Unha familia que todos os veráns viaxaba fóra, agora fai turismo interior. "Los últimos años hemos recorrido parte del mundo. Este año, dada la situación, hemos decidido quedarnos en España. Un dos lugares onde se superaron as cifras de 2019 é Vigo. O sector fala de recuperación pola ocupación que están a rexistrar este mes.

Ata os días 28 ou 29 chegaremos cunha altísima ocupación

"Ata os días 28 ou 29 chegaremos cunha altísima ocupación", di Jaime Pereira, da Asociación de hostaleiros de Vigo.

Illas Cíes

As Illas Cíes colgaron o cartel de completo en xullo e agora so quedan prazas con rutas guiadas.BA partires do 15 de setembro todas as visitas ao parque teñen que ser con guia. O Cluster de Turismo de Galicia calcula que o turismo internacional non se recuperará ata maio, animado polo Xacobeo.