Enlaces accesibilidad

Uso da máscara a partir dos dous anos, recomendada por especialistas

  • Ás portas do inicio do curso escolar, advirten da facilidade de contaxio da variante delta
  • Haberá que seguir coa distancia e a ventilación

Por
O perigo da variante delta

O feito de que, para cando comece o curso, boa parte dos alumnos vaian estar vacinados, igual que o están xa os profesores, non debe facer que se baixe a garda na volta ás aulas, coa variante delta, moito máis infecciosa.

"Hai que seguir coa distancia e a ventilación, porque a variante delta é moi contaxiosa ", di o profesor Juan Gestal, un dos maiores especialistas en pandemias.

Terceira dose

Gestal tamén se amosa cauto á hora de administrar unha terceira dose aos xa vacinados. Debería ser só para colectivos inmunodeprimidos. O resto, mellor agardar a que a vacinación acade a países menos desenvolvidos. "Primeiro haberá que lograr que polo menos o 10% da poboación mundial estea inmunzada".

Erros na pandemia

Juan Gestal recolle nun libro as pautas para saír antes da pandemia. Di que nesta volvemos repetir erros que xa cometera a humanidade noutras anteriores. Por exemplo, non saber calibrar ben a protección da saúde coa da economía. Se se aguantara un pouco máis, permitiría controlar o virus e sería mellor para a economía.