Concellos rurais rebélanse contra o peche de bancos
- Os alcaldes advirten do prexuizo económico que vai supoñer para os negocios
- Tamén para os veciños, sobre todo maiores, que non están afeitos a utilizar as novas tecnoloxías
En Campo Lameiro (Pontevedra) ten 1.800 habitantes e case a metade son maiores de 60 anos.
Vanse seguir manifestando, para evitar o peche da única oficina bancaria, o 8 de setembro.
"A miña nai ten 84 anos e non ten tarxeta nin banca electrónica", resume un veciño a situación marioritaria.
Outros concellos tamén preparan mobilizacións.
“Os primeiros prexudicados son a xente maior, non afeita a manexar a tarxeta“
"Os primeiros prexudicados son a xente maior, non afeita a manexar a tarxeta. Cando cobran a pensión no banco, fan vida aquí, van á farmacia, ao súper, á perruquería… Son cartos que quedan aquí na vila", di o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa.
Moraña, a sucursal mais cercana, queda a 8 quilómetros e só quedará o caixeiro automático.
Apostar polo rural
“Para apostar polo rural hai que poñer servizos, non quitalos“
"Para apostar polo rural hai que poñer servizos, non quitalos", reclama Verónica Pichel, alcaldesa de Forcareia (Pontevedra).
Algúns alcaldes ameazan xa con retirar as contas.
"Merecería retirar os fondos, para que non deixe tirados os cidadáns", di o alcalde de Poio, Luciano Sobral.
Mentres, Abanca enmarca esta reestructuración no seu modelo de rede comercial baseado, din, en oficinas mais grandes, mellor dotadas tecnoloxicamente e con persoal especializado.