A catedral de Santiago recibe cada noite 60 persoas
- A restauración e a mellor iluminación permiten contemplar o interior da basílica dun xeito novidoso
- As entradas, a 25 euros, están esgotadas ata a segunda semana de setembro
A visita inclúe a tumba do Apóstolo, as capelas ao carón da Porta Santa e vistas pouco habituais do templo.
"Son de Santiago e nunca pensara que a cateral podía ser tan bonita", sorpréndese unha visitante.
Pórtico da Gloria
A contemplación do Pórtico da Gloria restaurado é un dos puntos centrais do percorrido, de hora e media de duración.
“Los peregrinos dejaban papelitos que dañaban el Pórtico. Los restauradores pasaron meses retirándolos“
O guía da catedral Pedro Rey Alvite destaca un dos traballos no Pórtico." Los peregrinos dejaban papelitos que dañaban el Pórtico. Los restauradores pasaron meses retirándolos."
" O Pórtico da Gloria, vírao, pero non así explicado", agradece outra visitante.
A gran demanda fixo que a Catedral aumentase de dous a tres os grupos que fan a visita cada noite.