Enlaces accesibilidad

Remata agosto con cifras de visitantes a Galicia case como antes da pandemia

  • En localidades como Sanxenxo, a ocupación hoteleira superou o 90 por cento este mes, tras un xullo por riba do 80
  • As reservas para os próximos días fan pensar que setembro será outro mes de recuperación do turismo

Por
Turismo en agosto: como antes da pandemia

Co fin de agosto rematan as vacacións para a maioría e é tamén momento de facer balance na hostalaría.

En xeral, satisfacción no sector ante unhas cifras de ocupación que superaron todas as expectativas.

Rías Baixas

Nas Rías Baixas, moitos hoteis acadaron niveis prepandemia, superando o 90 por cento. Leonardo López, director do Hotel Carlos I de Sanxenxo, dí que "en agosto tivemos o 91% de ocupación en en xullo o 82%, cifras non de antes da pandemia, pero que están cerquiña". Corrobórao o director do Gran Talaso Sanxenxo, Óscar Fontán: "Acercámonos moito ás cifras de 2019. O balance é positivo".

Acercámonos moito ás cifras de 2019. O balance é positivo

Setembro

As perspectivas son tamén boas para primeira quincena de setembro. Nas Rías Baixas axuda o remate en Santiago da Volta Ciclista a España e a celebración en Sanxenxo do campionato de Europa de vela, na segunda semana de setembro. Moitos turistas, sobre todo nacionais, tamén nas cidades.