A mítica sala de festas Hesta Kurva, nos anos noventa en Ribeira, vaise converter nun centro de maiores
- Marcaba o ambiente nocturno e a modernidade en toda A Barbanza, con música en directo e gogós, ao estilo ibicenco
- Pasada a época dourada das salas, quedan estruturas abandonadas ás que se lles buscan novos usos
O ambiente na Hesta Kurva mantense no recordo dos que a frecuentaron nos seus anos mozos.
“Subías e dende arriba vías todo iluminado e abaixo bailando a xente“
“Había boa música, bastantes movida, a min gustábame moito esta discoteca”, resume unha de tantas persoas que visitaban ese templo da movida nocturna. “Subías e dende arriba vías todo iluminado e abaixo bailando a xente".
Estado ruínoso
Hesta Kurva, con capacidade para mil cincocentas persoas e catromil metros cadrados, leva vinte anos en estado ruínoso.
En pleno apoxeo esta macroestrutura foi quebradeiro de cabeza para o concello, polos problemas orde pública, convertirase agora nunha residencia da terceria idade, un lugar no que tamén foi habitual o actual alcalde Manuel Ruiz, que plasma a súa experiencia con humor.
“É unha satisfación poder darlle esa dobre utilidade (antes discoteca, residencia no futuro)“
"Practicamente saímos dos cueiros para ir a aquela discoteca e seguramente por desgraza volveremos poñelos naquel mesmo edificio. É unha satisfación poder darlle esa dobre utilidade.”
Residencia postcovid
Cun investimento previsto de oito millóns de euros, Xunta e Concello implantarán neste complexo o novo prototipo de residencias postcovid.
Esta terá cen prazas en cuartos individuais.
As obras da transformación da estrutura hoxe abandonada poderían comezar en 2022.