Protestas de veciños e alcaldes que van quedar sen oficinas bancarias nos seus concellos
- Denuncian a perda de servizos no rural, que afecta especialmente as persoas maiores, non afeitas aos dispositivos electrónicos
- Abanca di que algunhas das sucursais que pecharán teñen menos de 6 operacions diarias
O anuncio de Abanca de pechar oficinas no rural mobilizou hoxe a veciños e alcaldes de varios concellos afectados.
Viaxaron en autobuses ata a sede central da entidade bancaria na Coruña para esixir que rectifique.
Peches
O alcalde de Zas, Manuel Muíño, critica a actitude da Xunta e do Goberno, dos que di que "non fan nada."
O de Fene, Juventino Trigo, amosa a súa "rotunda oposición a esta política de peche de cen oficinas en cinco anos".
“Non rural xa estamos sen nada e cando marcha, conta“
O de Samos, Julio Gallego, di que "non rural xa estamos sen nada e cando marcha, conta".
Emprego e desprotección
Denuncian que ese peche masivo de sucursais destrúe emprego e deixa a amplas capas de poboación nunha situación de desprotección
Abanca, pola súa banda, lembra que algunhas das sucursais que pecharán teñen menos de 6 operacions diarias.
Ainda así, asegura que ofrecerá alternativas e di que segue sendo a entidade que tén máis oficinas en vilas pequenas.
Uns 60.000 galegos viven en concellos sen sucursal bancaria.
En 2008, antes da fusión das caixas de aforro, Galicia tiña 2.500 oficinas. Agora quedan apenas a metade.