Os locais de hostalería estarán divididos en dous niveis, segundo as medidas de prevención que adopten
- As restricións para os bares e restaurantes non dependerán da situación epidemiolóxica de cada concello
- Poderán abrir as barras nos establecementos de nivel máximo de seguridade sanitaria
A hostalaría quedará dividida en dous niveis de seguridade con independencia da situación sanitaria de cada concello. Así o acordaron representantes do sector e da Xunta para o novo protocolo, que permitirá recuperar o uso da barra nos negocios que decidan estar no nivel máximo de prevención.
Xunta e hostaleiros chegan a un consenso coas medidas que se aplicarán co novo protocolo da hostalaría que estará sobre a mesa do comité clínico.
Máis medidas, máis cabida
As novas normas buscan darlle estabilidade aos locais independentemente da situación epidemiolóxica de cada concello. Haberá dous niveis, un obrigatorio mínimo e un voluntario, que permitirá unha ocupación do 75 por cento no interior dos establecementos e do cen por cen nas terrazas.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explica que “quedan dous niveles de requirimentos ou de compromiso da hostalería. Un acordo bastante importante do sector e dos sanitarios que estiveron neste grupo de traballo”.
Os hostaleiros buscan non ter que pechar, polo que consideran un avance moi positivo o consenso das medidas.
Seguridade para o sector
César Ballesteros, presidente da Federación de Hostalaría de Pontevedra, asegura que lles vai dar seguridade “saber que ya tenemos unas reglas de juego y saber lo que tenemos que hacer. Eso facilita mucho la labor del sector. Y sobre todo tener la prácticamente la certeza de que los establecimientos de hostelería no se van a volver a cerrar en una situación de pandemia”.
As barras volverán a abrir nos establecementos que opten polo nivel máximo de seguridade sanitaria. “Desgraciadamente no es ‘se abren las barras y ya está’”, indica César Ballesteros, “sino que tiene unas limitaciones de distancia, etc. Pero sí, creemos que sería unha parte importante resuelta dentro de todo esto”.
Os hostaleiros pide ademais formación sobre a prevención da covid para os traballadores do sector, para poder ofrecer o máximo de seguridade nos seus establecementos.