Enlaces accesibilidad
Hostalería

Máis medidas sanitarias, maior cabida

  • Bares e restaurantes deberán contar con control de CO2 para poder usar a barra
  • O protocolo para a hostalaría aprobado pola Xunta entrará en vigor o 15 de setembro

Por
División na hostalería ante o protocolo dos niveis

Os establecementos deben decidir agora se adoptan o nivel básico ou incrementan as medidas de desinfección e ventilación para poder dar cabida a máis clientes e volver usar as barras.

Luanda Barrios ten un café no centro de Vigo con pouca terraza e moito espazo interior, agora parcialmente pechado pola covid.

Nuestro público generalmente es matutino, sobre todo de oficinas, y nos interesa tener la cafetería a tope

Sen coñecer o protocolo a fondo, ela cree que lle vai beneficiar acollerse ao nivel dous para poder abrir o 75 por cento no interior e recuperar o uso da barra: “Entiendo que hay unas medidas que se deben cumplir. Nosotros haremos todo el esfuerzo para hacerlo, porque nos conviene. Nuestro público generalmente es matutino, sobre todo de oficinas, y nos interesa tener la cafetería a tope”.

Algúns prefiren seguir coa barra pechada

En outros locais pasa o contrario. O interior de La Aldeana é moi pequeno, pero ás dez da mañá a terraza estaba reservada por completo. Hoxe hai polbeiro.

O dono, J. Antonio Domínguez, non ten claro como é o protocolo pero cre que co nivel básico é o que lles convén: “Nosotros lo mantendríamos así. La barra la mantendríamos cerrada, solamente dando servicio a nosotros y manteniendo las mesas ocupadas que más o menos podemos”.

Os hostaleiros non só teñen en conta o espazo. Na ampla cafetaría Maracaibo, tamén en Vigo, cren que se acollerán ao nivel 1, o básico. Abrir a barra e cumprir coas medidas que esixe o nivel 2, como limpar máis a miúdo os aseos, require aumentar o persoal.

Como vai esixir máis traballo e máis persoal, penso que seguiremos como estabamos

Antonio Lorenzo é o encargado do local: “Polo tamaño da barra, poderiamos abrila, pero, como vai esixir máis traballo e máis persoal, penso que seguiremos como estabamos”.

No nivel 2 terán que ventilar máis os establecementos, colocar medidores de CO2, incrementar a desinfección e poñer xel hidroalcólico en cada unha das mesas. O gasto poderase recompensar cun aumento de clientela.