No incendio da Pobra do Brollón salvouse o lugar das Laceiras, construído con criterios conservacionistas
- Un fillo de emigrantes comezou a crear unha reserva natural hai 35 anos
- Limpou o monte e arrancou árbores foráneas, sobre todo mimosa
Hai 35 anos que nas Laceiras só había un refuxio para vixiar un antigo viñedo, que fora colonizado por un bosque de mimosas, una especie foránea que axuda a propagar o lume.
“Tuve que irme, porque el fuego subía muy rápido“
No incendio destes días pasou medo vendo o lume de preto subindo pola ladeira do val, e fuxiu do lugar.
Reserva natural
Con moito tesón, Fernando, fillo de emigrantes en Bilbao, conseguiu erradicar as mimosas e preservar un cento de especies de plantas e árbores autóctonas, como as sobreiras e os carballos.
"No ardería tanto si sólo hubiese castaños y carballos", reflexiona. Fernando sorprendeuse ao voltar ao lugar e ver que as construcións e as árbores autóctonas seguían intactas fronte ao lume.