Enlaces accesibilidad

Campamento de desprazados por conflitos reproducido no centro da Coruña

  • É unha construción a escala dun asentamento real do Brasil onde viven máis de mil familias desprazadas
  • Acampa pola Paz denuncia o expolio en poboacións locais con recursos moi valiosos para o primeiro mundo

Por
O drama dos desprazados

Café en Colombia, cacao en Costa de Marfil, compoñentes tecnolóxicos en Gabón, algodón na India... Produtos que a cotío consumimos de xeito frenético, de usar e tirar, sen preocuparnos de onde e en que condicións se acadan.

Con maltrato infantil, sueldos miserables y en condiciones muy difíciles

"Con maltrato infantil, sueldos miserables y en condiciones muy difíciles", comenta Elisángela Silfa, de Comercio Xusto.

Brasil

Acampa pola Paz pon o foco este ano en denunciar o saqueo, o expolio en poboacions locais de recursos moi valiosos para o noso egoísta primeiro mundo.

O 1 % dos propietarios teñen o 40 % das terras de cultivo do Brasil, das minas, do petróleo, da auga, da biodiversidade

"O 1 por cento dos propietarios teñen o 40 por cento das terras de cultivo do Brasil, das minas, do petróleo, da auga, da biodiversidade están ao servizo dunhas poucas grandes empresas", di Marina dos Santos, do Movemento Traballadores Sen Terra.

Na Coruña está unha reproduccion a pequena escala -pero fidedigna- dun campamento real de Brasil onde actualmente residen mil familias, con pequenas sociedades, granxa, escola, horta, solidarias e autoabastecidas.