Enlaces accesibilidad
Coronavirus

Vacinación sen cita previa nos sete campus universitarios galegos para quen quedara fóra de chamadas anteriores

  • O sistema, xa iniciado o sábado nos puntos de vacinación masiva, está dispoñible hoxe e mañá
  • Está aberto a toda a poboación, non só aos universitarios

Por
Vacinación nos campus sen cita previa

É a vacina sen cita para tratar de inmunizar á maior porcentaxe de poboación posible. Unha universitaria recibiu o aviso por medio da app da facultade.

Non só para universitarios

Un ofrecemeto que serve para calquera, aínda que non sexa universitario. Unha venezolana que acababa de chegar do seu país, achegouse hoxe para que lle puxesen a dose. En Venezuela recibiu a primeira da vacina rusa.

Polos sete centros instalados nos campus galegos pode pasar quen queira poñer a primeira ou segunda dose.

En principio era para a poboación universitaria, pero logo abriuse para calquera que lle falte a vacina

"En principio era para a poboación universitaria, pero logo abriuse para calquera que lle falte a vacina", explica a enfermeira Fátina Dono.

É a segunda oportunidade para facelo, sen necesidade de cita previa, despois da dos centros de vacinaciòn masiva do pasado sábado, cando acudiron 8 mil persoas.

"Tenía la citación en Ourense, pero estoy aquí y no podía desplazarme", explica un paciente.