Enlaces accesibilidad

Choivas torrenciais causan danos importantes en establecementos da Coruña

  • Clientes e empregados dun supermercado recupéranse do susto, ao abrirse de repente parte do teito con eles dentro
  • A tromba de auga deixou máis de 30 litros por metro cadrado nunha hora

Por
Danos pola treboada

A treboada de onte pola tarde foi especialmente intensa na zona de Alvedro, na Coruña.

A forza da auga fixo que unha lousa do tellado dun supermercado caera ao interior, cos clientes dentro.

O importante é que non houbo danos persoais, si materiais

Baltasar López, do grupo Grupo Gadisa, resalta que "o importante é que non houbo danos persoais, si materiais".

A carón do supermercado está a herboristería de María que quedou anegada.

Caía auga a mansalva, polo cano da luz, polos respiradoiros...

"Caía auga a mansalva, polo cano da luz, polos respiradoiros..Chamáronme e díxenlles que saísen e apagasen a luz, non fora haber un curtocircuíto ou un incendio", sinala María Díaz, dona do negocio.

Rúas coma ríos

En Perillo corría onte a auga polas rúas coma se fose un río. O empregado dun taller lémbrao así: "Entraba auga por todas partes, unha marea". Ata esta noite está activada a alerta amarela por choivas e tronadas en toda Galicia. Mañá xa non.