Enlaces accesibilidad

A policía busca o suposto autor da morte dunha muller, de 52 anos, con antecedentes por violencia de xénero

  • Agresor e vítima comezaran unha relación había pouco e días atrás tiveran unha forte discusión
  • Un fillo dela atopou o corpo de Mónica Marcos, acoitelado, na súa casa do barrio coruñés do Birloque

Por
Asasinada unha muller de 52 anos na Coruña

A Policía Nacional cre que hai indicios de que se trata dun crime de violencia de xénero.

"Teñen coñecemento a través do fillo da vítima de que en días anteriores se producira no domicilio unha forte discusión", asegura a subdelegada do Goberno, María Rivas, que precisa que “non constan denuncias por esa discusión”.

Buscado

A policía reforzou os controis para localizar o presunto asasino, un home de 48 anos, con antecedentes por violencia de xénero en relación a outras dúas mulleres, aínda que non á vítima.

Ao parecer, agresor e vítima coñecíanse desde hai anos e empezaran unha relación hai pouco tempo.

Que empezaran a andar xuntos, non creo que chegue aos dous meses

“Que empezaran a andar xuntos, non creo que chegue aos dous meses”, comenta ante os medios de comunicación, consternado, un veciño e cliente da panadería que rexentaba a muller asasinada.

Mónica Marcos Piñeiro, de 52 anos, rexentaba unha panadería no mesmo barrio no que vivía.

De confirmarse, sería a primeira vítima da violencia machista no que vai de ano en Galicia.