Balnearios como centros sanitarios para curar secuelas da covid persistente e os trastornos psicolóxicos da pandemia
- É unha proposta analizada na Feira Internacional do Turismo Termal en Ourense
- Especialistas defenden unha mellora "espectacular" cun programa de 10-12 días
En marzo o balneario de Archena (Murcia), convertíase nun referente nacional pola posta en marcha dun servizo pioneiro: un programa Psicotermal para paliar as secuelas da covid.
“El cambio en estas personas, con un tratamiento de 10-12 días, es espectacular“
"El cambio en estas personas, con un tratamiento de 10-12 días, es muy grande, la mejoría es espectacular", sinala o director médico dese balneario, Luis Ovejero.
Prescripción médica
A experiencia do balnerio de Archena abordouse en Termatalia, a feira internacional de turismo termal de Ourense.
Púxose como exemplo dos beneficios da balneoterapia na rehabilitación das secuelas post covid.
Segundo o experto en hidroloxía médica Francisco Maraver xa existe unha proposta do sector termal a nivel mundial para que os balnearios colaboren cos sistemas nacionais de saúde na cura das síndromes post covid e do confinado.
“La prescripción de una cura termal en Francia la hace el médico de cabecera o un especialista“
"La prescripción de una cura termal en Francia la hace el médico de cabecera o un especialista. Paradójicamente, en España hay programas de termalismo social, pero no lo prescribe el médico.
Non hai aínda estudos científicos que avalen os beneficios da balneoterapia para a recuperación da saúde das persoas contaxiadas por covid, pero a catedrática de Hidroloxía Médica Rosa Meijide é partidaria de elaborar un protocolo para derivar aos pacientes aos balnearios.
"Nesta nova patoloxia hai que definir cales poden tratarse nos balnearios e os resultados que se poden agardar", precisa.
Na edición deste ano de Termatalia reuníronse 72 expertos de 12 países para analizar os desafíos do termalismo despois da pandemia.