Enlaces accesibilidad

43 Semana de cine de Lugo: 135 películas en seis días, o público votará as que máis lle gusten

  • Surcos, sobre a chegada da pandemia e como afectou ás persoas maiores, abre esta noite a sección oficial
  • Homenaxes ao actor Luis Iglesia e ao director Luis García Berlanga

Por
43 Semana de Cine de Lugo

O impacto da pandemia nas persoas maiores internas en residencia é o tema da película Surcos, que abre a sección oficial.

Amigos ou familiares que están nunha residencia coa mala sorte da pandemia, lonxe das familias

Ao director da Semana de Cine Manuel Curiel pareceulle moi acaída esa cinta pola situación que viven "amigos ou familiares que están nunha residencia coa mala sorte da pandemia, lonxe das familias".

135 películas

O propio certame tivo o ano pasado, en plena pandemia, que cambiar a semana de celebración. Este ano volve ao seu calendario habitual.Á Semana chegan 135 películas, documentais e curtametraxes de moi variada temática e procedencia.

Outra das destacadas é Ouro branco, historia dunha gandeira que loita por uns prezos do leite dignos e contra a corrupción nunha cooperativa en Islandia.

Luis Iglesia e García Berlanga

Como en todo festival, hai homenaxeados. Nesta ocasión, o actor de Riotorto Luis Iglesia Besteiro.

(A Luis Iglesia) Homenaxeámolo por ser de Riotorto e por seguir sendo un neno de Riotorto, onde aprendeu cine

"Homenaxeámolo porque ser de Riotorto e por seguir sendo un neno de Riotorto, onde aprendeu cine", resume Xulio Xiz, director da veterana Sociedade Cinematográfica Fonmiñá.

Outro homenaxeado é un dos grandes do cine español, Luis García Berlanga.