Buscan cun xeorradar e un detector magnético restos dun asentamento romano en Zas
- Queren comprobar a existencia dunha vila ou unha explotación mineira en Brandomil, que ten un abondoso legado antigo
- A tecnoloxía axuda a identificar muros e calzadas baixo as leiras e outros vestixios soterrados dende hai milenios
Na aldea de Brandomil un xeorradar e un detector magnético traballan entre leiras, hórreos e eiras.
Buscan restos dunha pequena cidade romana.
“A parte da calzada, empezaron a aparecer tamén estruturas habitacionais“
Os arqueólogos están esperanzados. " A parte da calzada que apareceu, empezaron a aparecer tamén estruturas habitacionais, o que indica que tamén había edificios. Ademáis, temos aí o castro", sinala Tania Carreira, da Fundación Brandomil.
Romano ou castrexo
Cren que aquí, ao carón ro Rio Xallas, houbo un importante asentamento, tanto romano coma castrexo que puido acadar 15 hectáreas de extensión.
A zona é moi rica en restos históricos. No mesmo valo do adro da igrexa parroquial apréciase claramente n capitel ou basamento de columna de clara orixe romana.
O arqueólogo Lino Cortegoso corrobora esa riqueza. "Cada vez van aparecendo restos máis dispersos, a amplitude do Brandomil romano pode acadar 12 ou 15 hectáreas."
“Dentro das casas existen lápidas, aras romanas, ata unha deusa Fortuna que está nun xardín“
"Capiteis de columna, basas que se usan para subir a cabazos, columnas nos xardíns. Non só iso, dentro das casas existen lápidas, aras romanas, incluso unha deusa Fortuna que está aquí, nun xardín e que a xente conserva dende hai cen anos ou incluso antes".
Xeorradar e detector magnético
Para iso, o xeorradar da Universidade de Vigo trata de localizar estructuras coma restos de muros ou calzadas, baixo as leiras e un detector magnético, outros vestixios soterrados dende hai milenios.
" Lo que más se detecta son metales, fundamentalmente férricos, también hornos o fuegos y muros", sinala Natalia Caparrini, enxeneira da Universidade de Vigo.
Dentro dunhas semanas poderase saber se, debaixo das casas, camiños e hortas de Bandomil durme unha cidade romana nada ao carón das minas de ouro e estaño das que tamén quedan restos alí mesmo.