Enlaces accesibilidad

Vialia, novo centro comercial en Vigo con cen tendas, o trinta por cento novas na cidade

  • Ao pé da estación intermodal, as instalacións inclúen unha gran praza con vistas á ría e un novo acceso por autoestrada
  • Conta con atraer dez millóns de clientes ao ano a esta parte céntrica da cidade

Por
Vialia, novo centro comercial en Vigo

Para os clientes máis madrugadores houbo recibimento especial. Fixeran cola para mercar nunha das marcas que se estrean en Vigo.

"Deixei a nena no cole e vin", di unha delas.

Ás once da mañá xa se vían os corredores animados por curiosos e compradores.

Ten cen tendas, das que o trinta por cento son novas en Vigo.

Ese é un atractivo comercial. Outro é que crea no centro da cidade un espazo público enriba da estación de ferrocarril e ao pé da de autobuses, que está previsto que entre en funcionamento a final de ano.

A empresa que construíu e xestiona Vialia con atraer a dez millóns de visitantes anualmente.

A proposta é crear oferta comercial no centro da cidade

O director de márketing, Daniel Lorenzo, di que a proposta é "non crear só oferta comercial nas afóras, senón tamén potenciar o centro da cidade".

Centros comerciais e comercio local, o caso da Coruña

En obras

Centos de operarios seguen traballando na zona onde se colocou a entrada da vella estación e se constrúe o acceso directo dende a autoestrada.

Con Vialia, moitos pequenos negocios trasladáronse a esa zona, ata agora sen atractivo comercial.

Cun deseño do arquitecto norteamericano Thom Mayne, os comercios ocupan un terzo do construído, no que destaca a gran praza pública que mira á ría.