Enlaces accesibilidad
Patrimonio cultural

Descobren esculturas e outras pezas de valor da Idade Media ao restaurar a catedral de Santiago

  • As obras foran utilizadas como recheo do pavimento nas reformas do século XVII
  • Os achados incrementan o patrimonio arqueolóxico e permiten coñecer mellor o proceso construtivo do complexo catedralicio

Por
Descobren 30 esculturas na catedral

A matanza dos inocentes

Entre os achados atópase unha escultura que podería pertencer a algunha capela ou altar descoñecido da catedral.

Representa a matanza dos inocentes, un drama litúrxico moi socorrido para narrar a infancia de Cristo a partir do século trece.

A súa cara barbada con coroa apareceu tamén de casualidade entre o materiais de recheo que utilizaron no século dezasete.

Acabando las obras, donde pensábamos que no iba a haber nada más, movimos unas piedras y apareció la cabeza del rey

A escultura, coma outras, estaba troceada para que asentase como material de pavimento, como detalla o arquitecto Javier Alonso de la Peña. "“Uno de los soldados apareció en la bancada justo donde a principios del siglo XVII se había hecho la bajante para la pila que hay encima del pórtico.

Ya acabando las obras, donde pensábamos que no iba a haber nada más, movimos unas piedras mal aparejadas de la bancada en el lado opuesto y es donde apareció la cabeza del rei”.

Numerosas pezas

Localizáronse outras trinta pezas escultóricas máis, moitas delas do coro pétreo do mestre Mateo, varias torres de remate das fachadas exteriores, anacos de arcos ou rosetóns do desaparecido claustro medieval ou das capelas contiguas, ademais dun forno de fundición de campás.

Atopamos un forno de fundición de campás onde non era doado pensar que houbese nada, e habíao

O director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, explica o achado dese forno. "Retirouse dun espazo fronte á arcada bífora na peana da cripta, que era una fundición de campás. Non era fácil pensar que aí houbera isto e habíao. Ademais, conservamos restos en arxila que permiten coñecer o que se facía e como se facía”.

Estes achados arqueolóxicos están agora expostos no pazo de Xelmírez.

Deberán ser analizados e estudados para axudar a recadar datos descoñecidos da historia construtiva da catedral.