Enlaces accesibilidad
Memoria Histórica

¿Ocultou o incendio do Pazo de Meirás en 1978 un expolio de arte?

  • Fala para RNE un dos soldados que interviu no rescate dos bens do pazo
  • 43 anos despois, unha testemuña revive as dúbidas sobre a causa daquel lume

Por
Reviven as dúbidas sobre se o incendio de Meirás en 1978 ocultou un expolio

O 18 de febreiro de 1978 ardeu o Pazo de Meiras, a residencia veraniega de Francisco Franco durante toda a dictadura. Os soldados da brigada aerotransportable foron empuxados fóra das súas camas para tratar de salvar do lume tódolos bens posibles.

Cando chegaron ó Pazo recibiron inmediatamente a orde de cargar nos camións os milleiros de libros que había nunha gran sala da planta baixa, libros que pertenceron a Emilia Pardo Bazán. Oito mil volumes que hoxe se gardan na casa museo da escritora, na Coruña.

A primeira testemuña pública daquela noite

O que máis gracia nos fixo foi cando vimos na prensa que recolleramos os libros do Pazo ordenadamente. Nos collíamolos e tirábamolos nos camións de calquera maneira

Pasados 43 anos, por primeira vez, un daqueles soldados rompe o seu silencio. Unha testemuña que rompe o relato do rescate que chegou á prensa ó día seguinte.

Ademáis dos libros sacaron cadros, varios baúis, mesas, cadeiras ou armaduras, entre outros obxectos. Cando remataron o traballo, recibiron unha forte advertencia: “se alguén leva algo, se lle caerá o pelo”.

Atentado, curtocircuíto ou expolio

Foron moitas as versións sobre a posible orixe daquel incendio. A oficial foi a dun curtocircuíto, en contra das testemuñas que indicaron que a luz estaba cortada aquela noite no Pazo. A ultradereita asegurou que se tratara dun ataque da esquerda.

Outros investigadores sosteñen que as lapas foron provocadas para ocultar un posible expolio de obras de arte e a súa posterior venda no extranxeiro. As aseguradoras compensaron á esposa do dictador cunha cantidade millonaria polos danos provocados no sinistro.