Corme manda axuda para La Palma lembrando a que recibiron cando afundiu o Prestige
- Mandaron tonelada e media de produtos e seguen coa colaboración de entidades e comercios da Costa da Morte
- Recollen o que a confraría de pescadores de La Palma lle pediu á cormelán como máis necesario
- Ver en directo la erupción desde el cono del volcán | En directo, la lava cae al océano
O patrón maior da confraría de Corme acordouse de como hai case vinte anos, en 2002, co naufraxio e posterior desastre ecolóxica do Prestige, a Costa da Morte recibiu axuda de moita xente de fóra.
“A iniciativa saiu vendo as noticias, xente durmindo nos pavillóns. Acordámonos de cando foi o do Prestige“
"A iniciativa saiu vendo as noticias, xente durmindo nos pavillóns. Acordámonos de cando foi aquelo do Prestige, coa xente de fóra durmindo no pavillón, a cociña estaba na lonxa, para os voluntarios", cita Roberto Vidal Pombo.
Chamada a La Palma
De seguido, Roberto propúxollo á directiva, que aceptou de inmediato a proposta. O primeiro, dirixirse aos seus colegas de aló, á confraría de pescadores de La Palma, aos que lles pediron que lles sinalasen que precisaban. De volta mandáronlles unha listaxe, e mans á obra. Nos locais da confraría non paran de recoller e empaquetar doazóns.
Un dos voluntarios, Juan Ramón Vidal, detalla que está empaquetando. "Produtos de hixiene, para bebés, máscaras..." Acaban de enviar para a illa unha tonelada e media de mercaduría e xa preparan a seguinte furgoneta.
Envío con dedicatoria
Na iniciativa participan moitas entidades e comercios da volta, Ponteceso, Laxe, Arteixo. Mesmo da Coruña, coma o bar de Paula, que conseguiu implicar á clientela. "Estaba buscando colaborar. En A Coruña no conseguí contactar con nadie, pero en la web vi que los vecinos de Corme estaban juntando produtos".
É a solidariedade dunha comarca que recibiu axuda cando a precisou e que a ofrece cando outros a necesitan. Os produtos que mandan van coa dedicatoria "Da Costa da Morte para La Palma".