Voluntarios para sacar a pasear en triciclo a persoas maiores
- O proxecto "Pedalear e Conversar", presente en 50 países, comeza na Coruña
- Na primavera prevén extender ao resto de Galicia esta iniciativa de Afundación
A primeira vista, Balbina e José poden parecer dous turistas de visita pola Coruña. Pero non o son. Viven nunha residencia de maiores e hoxe saen de paseo, con Marta, unha voluntaria, dándolle pedales a un triciclo.
“Estase de marabilla, eu estaba na cama, sacáronme da cama“
"Estase de marabilla, eu estaba na cama, sacáronme da cama", di sorrinte Balbina Miñones. "Hannos levar á praia, hannos invitar por aí", fala igual de satisfeito Ricardo López, que fai parella con Balbina no remolque do triciclo.
Pedalea e Conversa
Bota a andar na Coruña o proxecto Pedalea e Conversa, para sacar a pasear a persoas maiores ou con mobilidade reducida, para que vexan a cidade e para que se relacionen.
“O proxecto está aberto a todo ao que queira pasar un bo rato cunha persoas maior“
"O proxecto está aberto a todo ao que queira pasar un bo rato cunha persoas maior", sinala a voluntaria Marta Bouza.
Xa está en marcha en 50 países de todo o mundo. Acaba de estrearse na Coruña e na primavera estendarase a toda Galicia, baixo o patrocinio de Afundación, de Abanca.
Partiu da idea do danés Ole Kassow, cando seu pai quedou nunha cadeira de rodas, por enfermidade.