Enlaces accesibilidad
Música Clásica

Ópera e zarzuela dos grandes compositores na Gala Lírica da Coruña

  • A soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez pechan mañá a 69 edición do certame
  • O concerto, no Teatro Rosalía, está dedicado ás persoas que faleceron durante a pandemia

Por
Gala Lírica da Coruña

No ensaio do último concerto da Gala Lírica da Coruña, a soprano María José Moreno confesa que antes de sair ao escenario necesita estar en completo silencio para logo poder darlle mellor renda solta á súa voz.

Para ir a la ópera no hace falta entender, hace falta sentarse, escuchar y disfrutar

Mañá interpretará ópera e zarzuela dos grandes compositores, sobre todo de Verdi, cos que agardar emocionar ao público, un público que ela recoñece maioritariamente maior. Para animar a xente nova fanse descontos e promocións.

A soprano animar a ir mañá ao Teatro Rosalía: " para ir a la ópera no hace falta entender, hace falta llegar, sentarse, escuchar y disfrutar".

Barítono Juan Jesús Rodríguez

María José Moreno comparte escenario co barítono Juan Jesús Rodríguez. Hai vinte anos representou un papeliño de Macbeth neste festival e dende entón é un incondicional. Desta vez, a clausura ía correr a cargo do barítono Carlos Álvarez, pero un problema coa voz afástouno desta celebración.

Unha das claves de Juan Jesús Rodríguez, que percorre os grandes teatros do mundo, para brillar no escenario é durmir ben e controlar o estrés.

Para el é igual cantar no Metropolitan de Nova Iorque ca no teatro Rosalía da Coruña.

El público americano va a la ópera a divertirse. En España el público es juez

"En los teatros americanos el público se va a divertir. En España o Italia, el público es juez, conoce bien la ópera y va buscando los momentos, que se los tienes que dar. Es como si te dijeran ´quiero lo mío´".

Orquestra Gaos

Acompañando a estas voces vai estar a orquestra Gaos, chea de xoves mestres, e na organización, os Amigos da Ópera da Coruña, que van pola edición número 69 do festival.

O concerto está dedicado ás persoas que faleceron na pandemia, con mención especial para a soprano galega Adela Estévez.