Vagóns, máquinas, estacións e historias humanas do ferrocarril en Galicia
- O Consello da Cultura Galega quere inventariar e estudar o patrimonio ferroviario para un aproveitamento cultural e turístico
- 2021 é o ano europeo do ferrocarril, na estratexia de favorecer o uso deste medio de transporte como económico e ecolóxico
O ferrocarril é o maior símbolo do progreso, iniciado coa revolucion industrial, que nos trouxo ata as portas da actual revolucion tecnolóxica.
No tren, por tanto, viaxa gran parte da historia dos últimos 200 anos.
Museos
Por iso hai que rescatar esa historia nos seus múltiples elementos, non só as máquinas e vagóns antigos, que atraen tanto a nosa curiosidade, e moven turismo e economía.
O museo vasco do ferrocarril, en Azpeitia, é un exemplo de recuperación patrimonial ferrovairia e de aporte de riqueza, porque leva moitos visitantes ao interior de Guipúzcoa.
“Los museos ferroviarios en Europa son de los lugares más visitados“
"Los museos ferroviarios en Europa son de los lugares más visitados. El de Madrid del FFCC es el tercero o cuarto, y mira que hay oferta museística en Madrid. La gente, aunque no haya conocido el tren de vapor, el tren antiguo, es algo que nos atrae gratamente", explica Juanjo Olaizola, director dese Museo Vasco do FFCC.
Hay tamén museos en Asturias e Cataluña. En Galicia, o de Monforte, cidade que se desenvolveu en torno ao tren, agarda consolidarse entre os grandes. Nas súas amplas instalacións hai moitos tesouros.
“Tenemos también el coche ´pullman´ que trajo a Carlos de Borbón de su exilio en Portugal, en 1948“
Arturo García Antón cita algúns: "Lo más conocido es la Mikado, porque es la máquina más llamativa, la que más gusta a la gente, es una máquina de vapor y eso es magia.
La 7.700 es una máquina eléctrica inglesa del año 1952 y que fueron las primeras eléctricas que circularon por aquí.
Tenemos también el coche pullman que trajo a Carlos de Borbón de su exilio en Portugal, en 1948".
Historias humanas
Ademáis de museos, o ferrocarril ofrece o atractivo das antigas estacións, de roteiros a lugares da construcción, moitas veces épica das liñas, de historias humanas que darían para máis dunha película.
“A historia dun país pode estudarse a partir do desenvolvemento dos transportes, en particular do ferrocarril“
María Xosé Porteiro, do Consello da Cultura Galega, destaca a importancia patrimonial e cultural do ferrocarril. "É un patrimonio vivo que ten unha historia, pero que ten un futuro e unha vixencia".
Todos entendemos o importante que é o tren, o que non sabíamos é que a súa historia é da nosa comunidade. A historia dun país pode estudarse a partir do desenvolvemento dos transportes, en particular do ferrocarril.
O Consello da Cultura Galega quere identificar todo ese patrimonio ferroviario, que está protexido por lei, e logo difundir a súa gran riqueza, pouco coñecida.