Comer ben e saudable non ten porque saír caro
- A Cruz Vermella presenta en Pontevedra unha campaña para comprar produtos de tempada e da zona
- Coa crise da pandemia, parte da poboación empeorou a súa alimentación
Para comer ben cómpre planificar a compra e seleccionar alimentos bos. E a calidade adoitar ser sinónimo de produtos de tempada e da zona.
Son ideas que comeza a difundir a campaña da Cruz Vermella, presentada hoxe, cadrando co Día Internacional da Alimentación, no mercado de abastos de Pontevedra, coa colaboración do chef Pepe Solla.
A campaña, que se vai extender a toda España, quere atallar o empeoramento alimentario que a crise da covid, o confinamento e a perda de emprego provocaron en parte da poboación.
“Queremos insistir en que comer ben non é necesariamente caro“
“Queremos insistir en que comer ben non é necesariamente caro”, destaca Javier Senent, presidente de Cruz Vermella española.
Compromiso medioambiental
“Hai que saber que hai un traballo detrás, temos que sentirnos mal ao botar a comida ao lixo“
“Nesta estratexia queremos axudar ás persoas a ser conscientes do que comen, á hora de preparar os alimentos e mesmo de botalos ao lixo. Queremos que teñan a sensibilidade de saber que hai un traballo detrás e que temos que sentirnos mal ao botar a comida ao lixo", suliña a nutricionista Sanndrine da Cunha.
Unha paisaxe na cazola
O recoñecido chef Pepe Solla e o bateeiro Antonio Otero axúdannos a coñecer en “Moluscos” todos os segredos do mexillón galego.
É o primeiro capítulo dunha serie documental de 19 episodios, incluídos na campaña, para difundir o valor nutricional e sostible dos produtos: dende a mel da Rioxa ao espárrago de Navarra, a anchoa do Cantábrico e o requeixó asturiano.
A campaña ten páxina web, na que Cruz Vervella publicará os episodios e receitas con produtos saborosos e de temporada.
Tamén un mapa para saber onde mercar produtos a granel, evitando así os envasados con plásticos.