Enlaces accesibilidad
Todos os Santos

As produtoras de flores agardan compensar as perdas do Día de Defuntos de 2020

  • Tiveran que tirar co plantado por cadrar cos peches perimetrais pola covid
  • Estes días concentran o 30 por cento das vendas de todo o ano

Por
Flores para Defuntos

Agroflor é unha pequena cooperativa de Betanzos na que o 70 por cento son mulleres. ​Naceu hai 30 anos na bisbarra de Ferrolterra, cando a crise do naval levou por diante moitos empregos masculinos. Entón, un reducido grupo de mulleres decidiron dedicarse á flor cortada.

Andaban á guerra, quedaron para tomar un café e crearon a cooperativa

Pero pronto comezaron os problemas. “Andaban á guerra entre elas, porque se facían a competencia. Recibían cada vez menos prezo polo seu produto e viron que así non ían a ningures. Así que quedaron un día para tomar un café e falar daquela situación. Ese día naceu o xerme da cooperativa”, conta María José Manivesa, a presidenta de Agroflor.

Cooperativa de mulleres no rural

María José di que “é importante comprar en cooperativas como a nosa, porque contribúe a que o agricultor local venda o seu produto dignamente e, ao mesmo tempo, axuda a loitar contra o despoboamento do rural.”

Agora, a cooperativa Agroflor ten case 40 socios, e factura arredor de 2 millóns de euros anuais. Nesta campaña produciu 250.000 exemplares de flores, que nestes días lucirán nos camposantos de media España. Galicia é a terceira comunidade con maior produción.

Mari Maceiras, unha das floricultoras, asegura que “esta campaña o produto é de moi boa calidade, moi duradeiro” e agarda acadar un bo prezo para compensar as perdas do ano pasado. “Foi terrible porque dictaminaron peches perimetrais xusto nestes días de Todos Os Santos e tivemos que tirar toda a flor plantada”

Crisantemos, rosas e caraveis son as variedades máis demandas.