Enlaces accesibilidad
Ciberdelitos

Unha unidade especializada da Garda Civil contra a ciberdelincuencia comeza a funcionar en Galicia

  • Os equipos Arroba queren reducir as estafas e roubos por internet, que medraron este ano o 51 por cento
  • As vítimas máis habituais son varons de entre 25 e 40 anos, usuarios das novas tecnoloxías

Por
Equipos Arroba contra a ciberdelincuencia

A cibercriminalidade está a medrar de xeito preocupante, máis dun 30 por cento en España no último ano.

A pandemia trouxo un maior uso de internet, tanto para as relacións persoais como para xestións administrativas.E igual que na rúa, tamén hai carteiristas da rede.

Delincuencia organizada

Entre enero y septiembre, uno de cada seis delitos en Galicia son informáticos

“Entre enero y septiembre, uno de cada seis seis delitos en Galicia son informáticos. Es ya un problema de seguridad ciudadana. Suele ser delincuencia organizada que traspasa fronteras”, afirma o delegado do Goberno, José Miñones.

Hai delictos de todo tipo: contra a honra e a propiedade intelectual, ameazas, mesmo contra a liberdade sexual.

Os máis frecuentes, o 80 por cento, son estafas e fraudes. O perfil da vítima, home de entre 25 e 40 anos, que son os que máis utilizan as tecnoloxías.

Consellos para non ser unha vítima

No dar nunca datos personales, no pinchar enlaces. Ninguna empresa, institución o entidad va a pedir eso

O sarxento da garda civil Alberto González dá consellos para non ser unha vítima: “No dar nunca datos personales, no pinchar enlaces, porque ninguna empresa, institución ni entidad nos va a pedir nunca eso. De todo lo que ponga “urgente”, “cholo”, “oferta”, desconfiemos”.

Desde hoxe, vinte axentes, os dos equipos chamados arroba, investigarán desde ataques millonarios a grandes empresas ata estafas a particulares dalgúns centos de euros.